Asociación Cultural Fuco Buxán

Esquerda Unida Ferrol - I Xornadas de Educación Inclusiva

Compartimos a invitación que a Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol fai para asistir as I Xornadas de Educación Inclusiva que se van celebrar o próximo venres 9 de decembro ás 19 horas no Ateneo Ferrolán.


Nestas xornadas tratarán de visibilizar a realidade educativa ao respecto da inclusión no noso país. Contarán coa presencia da Asociación Vida Activa, Asociación de Auxiliares Técnicos Educativos (ASATE) e TEIMA Asociación Síndrome Down.

Máis información: 
https://www.facebook.com/events/1694103547567617/
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol





A+ | a-

Séguenos no Twitter