Saltar ao contido principal

Cine no Ateneo Ferrolán

Publicamos información sobre dúas iniciativas do Ateneo Ferrolán relacionadas co cine

Martes de Cine 2016. Ciclo Hitchcock ás 19 h.


Martes día 4 de outubro – "Alarma en el Expresso”
Ano 1938 Duración 97 min. País Reino Unido Director Alfred Hitchcock Reparto:Margaret Lockwood, Michael Redgrave, Dame May Whitty, Paul Lukas, Basil Radford, Naunton Wayne, Cecil Parker
Sinopse: Nun país centroeuropeo, o tren Transcontinental Express sofre un gran atraso a causa do mal tempo. Os pasaxeiros pernoitan nun pequeno hotel, onde Iris Henderson establece conversación cunha vella institutriz inglesa, a señora Froy. Pouco despois de renovar a viaxe, Iris dáse conta da desaparición da anciá, pero os demais pasaxeiros afirman que a súa amiga non existe e que ela sufriu unha alucinación.

Martes día 11de outubro – "39 escalones”
Ano 1935 Duración 120 min. País EEUU Director Alfred Hitchcock  
Reparto: Robert Donat, Madeleine Carroll, Lucie Mannheim, Godfrey Tearle, Peggy Ashcroft,John Laurie, Helen Haye, Wylie Watson
Sinopse: Richard Hannay está nun music-hall londiniense. De súpeto, soa un disparo e comeza unha pelexa. No medio do tumulto, unha moza asustada pregúntalle se pode ir con el. Richard accede e lévaa ao seu apartamento...

Martes día 18 de outubro – "Sabotaje”
Ano 1942 Duración 108 min. País EEUU Director Alfred Hitchcock
Reparto: Robert Cummings, Priscilla Lane, Otto Kruger, Alan Baxter, Alma Kruger, Ian Wolfe,Vaughan Glazer, Dorothy Peterson
Sinopse: Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Un obreiro dunha fábrica aeronáutica de Los Ángeles é testemuña dun acto de sabotaxe na planta en que traballa. Por mor da a explosión morre o seu mellor amigo, pero o peor é que el é acusado do crime e perseguido pola policía. Para limpar o seu nome, atravesa todo o país ata Nova York, buscando sen tregua aos culpables.



XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN


A celebrar os días 19, 20 e 21 de decembro de 2016 na sede do Ateneo Ferrolán.







Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 15 minutos de duración en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Os días 19, 20 e 21 de decembro de 2016 levarase a cabo a XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN en colaboración, por primeira vez, co Concello de Ferrol.

As mostras comezaron no ano 2001 con grande interese do público en xeral. Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.


Bases: https://drive.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36Rd1JEMWpST1ZwSkU/view?usp=sharing