Saltar ao contido principal

Sobre a concentración e Badaladas por un plan contra o suicidio en Ferrol o pasado 30 de xuño

Tal e como anunciamos na publicación Xoves 30 de xuño, 20h - Badalada en prevención do suicidio na Praza de Armas, Ferrol, tivo lugar esa concentración, na que se fixo lectura deste manifesto:


MOBILIZACIÓN e BADALADAS na PRAZA do CONCELLO de FERROL este día 30 de Xuño.
Ante o grave problema do crecemento do suicidio en Galicia desde a Plataforma SOS Sanidade Pública esiximos a Conselleria de Sanidade
  1. A elaboración con carácter prioritario un Plan Galego sobre o Suicidio de carácter multisectorial, dotado dos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema e artellado no Plan de Saúde Mental de Galicia coa implicación da comunidade.

  2. A constitución dun Comité Técnico para elaborar dito Plan

  3. A creación de Comisións Clínico-Asistenciais en cada Xerencia de Área de carácter multiprofesional e multisectorial destinadas a coñecer e estudar a realidade do suicido en cada Área, realizar informes, identificar grupos e situacións de risco e elaborar opostas e protocolos de intervención

Mentres se elabora o Plan consideramos necesario:

  • Que a Conselleria de Sanidade e o SERGAS leven adiante actividades informativas, en colaboración cos medios de comunicación, para informar a poboación sobre o suicidio coa finalidade de sensibilizala e desestigmatizar o problema

  • Mellorar o nivel de coñecemento dos profesionais de Atención Primaria sobre o problema e incrementar a súa capacidade para explorar o risco, avalialo e realizar actuacións preventiva adecuadas.
  • Desenvolver protocolos específicos de atención a persoas con conducta suicida e a afectados por suicidio consumado.
  • Facilitar con carácter prioritario o acceso a recursos asistenciais as persoas en risco, incrementar o seguimento, e intensificar a atención sanitaria e social das mesmas.



Aproveitamos tamén para compartir o texto que nos fixo chegar a este respecto Xaquín Campo Freire, sacerdote e traballador como enfermeiro no Sergas por moitos anos, e que está publicada na nosa sección Pensamento Crítico, xunto con outras informacións e columnas de opinón que consideramos de interese:  Cada día suicídase polo menos unha persoa na Galiza. - Xaquín Campo Freire.