Saltar ao contido principal

Xornadas de activismo creativo contra as fronteiras criminais. Ningunha persoa é ilegal! 13 e 14 de maio - Compostela

Os días 13 e 14 de maio terán lugar as Xornadas de activismo creativo contra as fronteiras criminais. Ningunha persoa é ilegal!, un encontro enmarcado na cuarta edición de Cidadanía ao Poder que este ano se traslada a Galicia. A Coordinadora Estatal de ONGD, xunto á cooperativa Tempo de Loaira e a Coordinadora Galega de ONGD organizan este novo encontro co obxectivo de atopar persoas de diferentes disciplinas cunha vontade común: construír un relato que axude a comprender a magnitude do actual fenómeno migratorio; e que permita analizar o crecente discurso xenófobo para artellar respostas colectivas contra a vulneracións dos dereitos das persoas migrantes.

Para iso, nas xornadas contarán cunha Mesa de saberes na que participará tres voces: Belén Fernández Suárez, profesora contratada da UDC experta en migracións; Antía Pérez Caramés, coordinadora do Postgrado Oficial de Migracións Internacionais da UdC; e cunha "voz propia", a da experiencia da migración, que aínda está pendente de confirmación. Contarán tamén cun espazo para o debate; propoñeranse dinámicas para a elaboración un Fanzine colaborativo e entre tódalas persoas participantes planificarán e executarán unha difusión de guerrilla!

Nesta ligazón atoparedes o programa completo: [Programa Completo IV Encontro de Cidadanía ao Poder]

A inscrición ás xornadas é de balde e podedes facela efectiva no seguinte enlace: [Formultario de Inscripción]

O venres, realizarase un xantar popular a cargo da organización.