Saltar ao contido principal

"Filispim Vai ao IES Concepción Arenal", martes 10/05/2016

Nota prensa: Colectivo Opaii!! (Ferrol)

O Colectivo Opaii! continúa co ciclo "FilispiM Vai...", trasladando as equipas técnicas e humanas da radio libre e comunitaria aos espazos de interés da nosa comarca.

Este martes 10 de maio a partir das 17:00 h, "FilispiM vai ao I.E.S. CONCEPCIÓN ARENAL", coa participación da comunidade educativa do mítico centro de ensino público ferrolán. Durante o especial, a xovén intérprete ferrolá Layla (Laura Vizoso) interpretará algunhas pezas en directo.

Entrada de libre até completar aforo. Radio ao vivo, non o perdas!



Escoitao en diferido en Rádio FilispiM, 93.9 FM, a partir do sábado 14 de maio, de 19:00 a 21:00 h, e vía streaming en http://opaii.blogspot.com

Xúntanse cartaz + audio promo: http://www.ivoox.com/11423504
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1727107497572989/

Grazas pola difusión.

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.--


OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.

Direcçom Postal: 

Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]