De
fucobuxan
Lamentablemente, temos que anunciar que as Xornadas sobre a Xestión Pública da Auga: Dereito ou Negocio foron CANCELADAS.
Se queres consultar a noticia orixinal, pulsa o seguinte botón:
Se queres consultar a noticia orixinal, pulsa o seguinte botón:
Ao longo dos vindeiros venres 13, 20 e 27 de maio, terá lugar en Ferrol unhas interesantísimas Xornadas sobre a Xestión Pública da Auga: Dereito ou Negocio, organizadas polo Concello de Ferrol, a Sociedade Galega de Historia Natural, ADEGA e Verdegaia
A planificación das xornadas é a seguinte:
Venres 13 de maio de 2016
Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga
Fernando Urriticoechea
Economista e interventor municipal, con habilitación estatal, de categoría superior. Foi precursor das denuncias de corrupción xa en 1990 no concello de Galdakao (Biscaia), sendo máis coñecido o seu labor profesional, de control da legalidade, no Concello de Castro Urdiales (Cantabria), entre os anos 2001 e 2006. Máis recentemente tivo que informar acerca da corrupción existente no concello de Crevillente (Alacante), tamén case en total soidade. Como funcionario demostrou ser unha persoa comprometida co cumprimento da súa profesión, en defensa do interese xeral e moi activa contra a corrupción.
Anxo Lugilde
Xornalista e politólogo. Comezou a traballar en 1990 en La Voz de Galicia, xornal no que pasou polas delegacións de Lugo e Ferrol e pola redacción central. Desde 2005 é correspondente de La Vanguardia e cronista político de El Progreso e Diario de Pontevedra. É autor de varios libros, entre os que destacan O voto emigrante. Viaxe pola zona escura da democracia española e De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika.
Venres 20 de maio de 2016
Modelos de Xestión da Auga
Jordi Colomer
Ambientólogo especialista en xestión de servizos públicos e responsable da remunicipalización da auga en Arenys de Munt (Barcelona) entre 2011 e 2014
Jaime Castiñeira de la Torre
Director conselleiro delegado da Empresa Municipal de Augas da Coruña (EMALCSA).
José Carlos Calvelo Martínez
Político galego do PPdeG, actual alcalde do concello de Arteixo.
Venres 20 de maio de 2016
É posible a remunicipalización dos servizos municipais?
Carlos Sánchez Mato
Economista e Concelleiro de Economía e Facenda de Madrid. Especializado en economía monetaria e no sector público. Está actualmente elaborando a súa tese doutoral, que versa sobre a necesidade dunha banca pública.
Esta información tamén está dispoñible como un díptico en formato PDF: [Ver díptico PDF]
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Etiquetas:
ADEGA
Área de Medio Ambiente
Auga
Concello de Ferrol
Ferrol
Servizos Públicos
SGHN
Verdegaia
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións