Saltar ao contido principal

Presentadas as actividades programadas por EUFerrol en torno á conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano


En conmemoración do día internacional do pobo xitano, presentáronse as iniciativas de EU que se levarán a cabo, na mesa da presentación interviron:

María Teresa Martínez (Integrante do Consello Político Local) Teresa Vilariño ( Responsable do obradoiro de xitanas de Caranza) Nieves Monteiro (Usuaria obradoiro de xitanas de Caranza) Eva Salazar (Usuaria obradoiro de xitanas de Caranza) Miguel Castro  (Coordinador local de Esquerda Unida Ferrol).

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

Venres 8 de abril:
- 19:30 horas no antigo hospicio ( Rúa Méndez Núñez 11).
- Proxección documental Gypsies.
- Mesa redonda con Ramón Vázquez ( integrante do Consello  Político Nacional de Esquerda Unida e diputado no Parlamento galego por AGE), Iria Fandiño ( militante de EsquerdaUnida e especialista na área) e Tere Vilariño ( Responsable do obradoiro de xitanas de Caranza). Haberá tamén entrevistas a familias e estudantes xitanas.

Sábado 9 de abril:
Ás 11 horas, no mercado de Caranza, café xitano e entrega de flores en conmemoración do día internacional do pobo xitano.