A Plataforma Pola República, a Asociación Cultural Fuco Buxán, a Asociación Memoria Histórica Democrática, Anova, Decide en Común, Espazo Ecosocialista, PSdeG - PSOE, Terra Galega, organizan a Festa de Conmemoración da Proclamación da Segunda República que terá lugar o Luns 11 a partir das 19:00 horas e o Xoves 14 a partir da mesma hora. O luns 11 proxectarase o documentario "O Segredo da Frouxeira" e o xoves 14 proxectarase unha creación de radioteatro por título "Crónicas Republicanas".
A Pola Terceira!