Saltar ao contido principal

Actos Martes 10 de Marzo Ferrol

O Día da Clase Obreira Galega terán lugar  distintas ofrendas florais que organizan os distintos sindicatos tanto estatais coma galegos:

CIG


 Actos do 10 de Marzo
Ademais do reparto do díptico coas alternativas propostas pola CIG para a comarca, tamén se están a repartir os folletos da campaña confederal polo emprego e os salarios dignos, chamando a participar na manifestación Día da Clase Obreira, “para que o 10 de Marzo se converta nunha xornada en defensa do emprego”. Unha reivindicación que cobra significado especial en Ferrolterra, tan duramente castigada polo paro e a emigración. Precisamente, para o propio 10 de Marzo está convocada unha asemblea aberta de delegados/as ás 10 horas no local sindical, na que se fará unha charla sobre o sistema eléctrico e a demanda dunha tarifa eléctrica galega.

Á 12:30 horas terá lugar a tradicional ofrenda floral no monumento ao 10 de Marzo, e ás 20:00 horas arrancará dende o local do sindicato a manifestación nacional do Día da Clase Obreira Galega, este ano con remate en Amboaxe.

CCOO e UGT
ACTOS:

- Ofrenda floral o día 10, ás 11:00 h, diante do monumento ao 10 de Marzo, Ferrol

MANIFESTACIÓN:
19:30 h Dende o monumento ao Dez de Marzo (Ferrol)