A A.C Fuco Buxan denunciamos que as políticas económicas neoliberais e
de salvaxes recortes e de austericidio social dos gobernos do PP de
Rajoy, Feijoo, Rey Varela, a reforma laboral antisocial da Ministra
Bañez que atenta contra os dereitos das clases traballadoras, baixa e
recorta os salarios, precariza o emprego, fomenta o despido libre e
acaba coa negociación colectiva asi como os salvaxes recortes destes
gobernos do PP nas políticas activas de emprego xuvenil son as culpables
de que haxa un paro xuvenil do 55% en todo o Estado.
A A.C Fuco Buxan
denunciamos que estas políticas neoliberais, ideoloxicas, de
austericidio e de salvaxes recortes destes gobernos do PP estan
condeando a xuventude da nosa comarca Ferrolterra ao paro, a
precaridade, o exilio económico, a traballos precarios con soldos de
miseria, a non ter futuro, a vivir peor que os seus pais e nais e a
emigrar a outros paises pra ter un futuro e un emprego dignos.
A A.C
Fuco Buxan opoñemonos rotundamente a estas políticas económicas
neoliberais dos gobernos do PP e os seus salvaxes recortes, exisimos a
retirada inmediata da Reforma Laboral da Ministra Bañez, tamen
denunciamos que o goberno de Feijoo e do PP na Xunta de Galicia e o
goberno municipal de Ferrol de Rei Varela e do PP son gobernos
complices, sumisos, obedientes das políticas neoliberais e de recortes
do goberno de Rajoy e do PP e son gobernos que estan levando á comarca
de Ferrolterra a unha grave situación de emerxencia social, na que cada
dia hai mais desigualdades, mais precaridade laboral das clases
traballadoras, mais paro, pechanse mais empresas e comercios, mais
persoas desempregadas no sector naval e nas empresas auxiliares.
Os gobernos de Feijoo, de Rajoy e de Rey Varela son gobernos que
gobernan pra incrementar a riqueza dunha minoría privilexiada
amnistiando fiscalmente os ricos, destinando cartos publicos a rescatar
autopistas, bancos mentras non rescatan as persoas e xovenes que
atopanse no desemprego e as familias desafiuzadas e que sufren pobreza
enerxetica.