Máis de 1.000 persoas concentráronse na Praza de Armas para rexeitar a nova e abusiva Taxa de Saneamento - imposta polo Goberno Municipal do Partido Popular - por un servizo que ainda non está en funcionamento e que non vai a beneficiar de momento a toda a cidadanía.
A concentración foi convocada por: PSdeG-PSOE, BNG, EU, Anova, Espazo Ecosocialista,CIG,CCOO,UGT, Asociación López Bouza, Comisión de Saneamento Integral da Ría de Ferrol, AC Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, Marea Ártabra, AVV San Pablo e Federación de AVV Roi Xordo., entidades que propoñen ao Alcalde Rey Varela a retirada deste imposto e a toda a cidanía efectuar o Recurso contra a Taxa.
O Recurso, unha vez cuberto, pódese entregar por Rexistro no Concello (con fotocopia para o selado), ou nos locais das Entidades convocantes. Tamén, os convocantes, fixaran en breve unha data para que o desexe poda acudir colectivamente a facer entrega no Rexistro do Concello.
Anunciarase calquera mobilización que se organice sobre esto.
ÁLBUM FOTOGRÁFICO
DIARIODE FERROL
Adxuntamos o modelo de Recurso da Taxa
A secuencia para imprimir nun folio a doble cara é: imprimir / propiedades / impresión a doble cara / aceptar / imprimir
PRÉGASE DIFUSIÓN