Saltar ao contido principal

Manifesto de apoio ao galego.


A A.C. Fuco Buxán amosa o seu total apoio á manifestación convocada por Queremos Galego en Defensa da Lingua Galega para o vindeiro domingo 8 de febreiro ás 12:00 horas en Santiago de Compostela. Unha manifestación na que a A.C. Fuco Buxán asistirá e participará activamente.

Dende A.C. Fuco Buxán facemos un chamamento á cidadanía de Ferrolterra para que acuda, participe e apoie esta manifestación convocada por Queremos Galego en defensa da nosa lingua galega. Quere manifestar que é fundamental seguir a defender, protexer, promover e difundir a nosa lingua, porque é o idioma da nosa terra do que debemos de sentirnos orgullosos/as pois é o verxel da nosa identidade galega.

Dende a A.C. Fuco Buxán eximímoslle o goberno de Feijoo, do PP, da Xunta de Galicia e ás administracións publicas, un maior compromiso coa nosa lingua galega. Teñen que incrementarse as axudas e os fondos públicos destinados a promover, conservar, protexer e difundir o uso da nosa Lingua Galega.

A A.C. Fuco Buxán tamén quere denunciar os ataques constantes e sistemáticos contra a nosa lingua galega, levados a cabo pola Consellería de Educación de Xesús Vázquez e polo Goberno do PP da Xunta de Galicia. Recortar as axudas destinadas a promover, protexer e, difundir a nosa lingua galega, son recortes que están levando a nosa lingua a unha situación de emerxencia e de total abandono por parte deste goberno do PP, na Xunta de Galicia e, nas administracións publicas xestionadas polos gobernos do PP.

Tamén dende a A.C. Fuco Buxán eximimos a retirada do decreto do plurilingüe de Feijoo, do Goberno do PP da Xunta de Galicia, por que cremos que é un decreto que ataca salvaxemente a nosa lingua e a nosa cultura galega levándoas a unha situación de total abandono e desprotección.

Acudide ao chamamento, 
defendamos a nosa lingua!