A A.C. Fuco Buxán ten o sentimento de comunicar que o día de onte faleceu o noso compañeiro Ramón Capotillo Leal, amigo e socio.
Lembramos o seu compromiso social, na actividade sindical, en CCOO de Bazán e na participación cidadá: A. VV de Canido, A. Muiño do Vento, AGAVIDA, etc. Ramón foi vítima, como tantos traballadores de Ferrolterra, da asbestosis, dunhas condicións de traballo que non tiveron en conta a saúde e a vida das persoas.
A súa compañeira, a nosa querida Marichy Cuadrado, aos seus fillos, Moncho, Jorge e Pere, a súa familia e amigos a nosa aperta de solidariedade.
Tanatorio Artabria nº 4 (A Gándara)
Sepelio: Mañá Martes ás 12 hs, en Catabois.