Saltar ao contido principal

Conferencia: A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate


 As Marchas da Dignidade Ferrolterra invitanvos a asistir á conferencia A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate o vindeiro venres 10 de Outubro ás 19:00 no Ateneo Ferrolán, que ten como fin informar sobre o denominado Tratado de Libre Comercio entre EEUU e a UE que se está a negociar de costas á cidadanía e sen intención de solicitar a súa aprobación. Un tratado que, de firmarse segundo as directrices das corporacións que dirixen dende a sombra a negociación, pode supoñer unha catástrofe para o noso país en materias como a saúde, a alimentación, o medioambiente e a economía.

Contaremos coa destacada intervención de Isabel Vilalva, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, e Manuel Martín, médico e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública.



Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
 Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: