Saltar ao contido principal

Comité Cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN.





Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 157 “Madrid Spirit” o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN:


Martes, 5 de novembro 2013, ás 19:00  horas diante do Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García, Ferrol.
Características do buque:

Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.50 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.2 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL.
¡ PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Petición de axuda económica



Estimados simpatizantes coa causa contra Reganosa:



En febreiro de 2007, con motivo do entón inminente pago de tres informes periciais que eran fundamentais para poder continuar con algúns dos procesos xudiciais que tiñamos en marcha, fixemos unha solicitude extraordinaria de apoio económico, que tivo unha resposta extraordinaria.


Como sabedes desde hai 12 anos contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de varios avogados, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron poder iniciar e continuar os procesos xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas sen que isto supuxésenos maior gasto económico que o pago aos procuradores, de moita menor contía que o que serían as minutas dos avogados.


Coa nova lei de taxas 10/2012 de 20 de novembro, cambiou totalmente o panorama. Agora, para poder iniciar cada nova fase dun procedemento hai que pagar por adiantado unhas taxas. O importe das mesmas vai en función da fase de procedemento. Para unha interposición de recurso contencioso administrativo hai que ingresar 350 € máis un tanto por cento (0,5 % ó 0,25 % ) do valor da contía fixada polo xulgado para cada caso. Para un recurso de apelación, 800 € máis a porcentaxe, para un recurso de casación, 1.200 € máis a porcentaxe.


Como case todos os procesos están en fase de recurso de casación, a consecuencia de todo isto é que desde a publicación da lei de taxas, en outubro de 2012, aparte doutros gastos empregados noutros temas (axuda aos gastos de defensa de mariscadores , mensaxes de avisos de entradas de gaseiros, fotocopias de carteis, documentación, etc.) fixemos fronte a 7.076 €, que pagamos cos fondos acumulados de lotarías e outros actos festivos destes cinco últimos anos. Pero coas taxas tocamos fondo e necesitamos unha achega extra para poder continuar os procesos pendentes: Contra a autorización administrativa previa, a de construción, á acta de posta en servizo, plan de emerxencia e verteduras. Á parte de insistir na solicitude de execución da sentenza do Supremo sobre a modificación puntual do concello de Mugardos que socava os cimentos de toda a estrutura montada para lograr as autorizacións da planta.


Ademais nalgúns fallos de sentenzas (caso recente do de verteduras) condenáronnos a costas que supuxeron 1.200 € por parte dos avogados que representaban á Xunta e queda pendente de confirmar a parte solicitada por Reganosa, que se recorreu por consideralo excesiva e desproporcionada respecto do solicitado pola Xunta.


É difícil poder concretar unha cantidade media a achegar, porque sempre vai depender das situacións económicas de cada un. Barállanse cifras orientativas duns 150 a 300 euros por asociación e de 20 a 40 euros (ou máis se se pode) por persoa a título individual para cubrir unha cifra próxima a os 7.000 euros que se estima son necesarios de forma máis inmediata.


Agradecemos a vosa colaboración e apoio de sempre e sinalamos a continuación o enderezo da conta bancaria onde se poden ingresar as aportacións.

¡ PLANTA DE GAS, PECHE XÁ !
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995