Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán, como entidade integrante do Foro Social de Ferrolterra e da Plataforma Stop - Desafiuzamentos, sumámonos a esta convocatoria.
Presencia no Pleno do Concello de Ferrol
O Goberno Municipal, vai levar ao pleno a adhesión do Concello de Ferrol ao Convenio do Ministerio de Economía coas entidades bancarias, para o acceso a un parque de vivendas desafiuzadas en alugueiro (Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer).
Stop-Desafiuzamentos decidiu estar presente no Pleno e solicitar poder falar no mesmo que está previsto que se celebre o vindeiro Xoves, 28 de Febreiro, ás 19:00 Horas do serán.