Dende a A. C. Fuco Buxán facemos un chamamento á cidadanía a acudir o vindeiro mércores día 19 de decembro a unha Concentración diante do Parador de Turismo de Ferrol ás 17.00 horas. Logo do encontro na concentración e coas reclamas no ambiente farase unha Manifestación ata o concello de Ferrol para dicirlles ben claro que as súas políticas están a escangallalo todo.
Por iso, en solidariedade cos empregados do Parador chámase á cidadanía a acudir para unir voces en defensa do benestar común.