Saltar ao contido principal

Concentración polo Dereito a Sanidade Pública Universal




A A. C. Fuco Buxán sumarase o vindeiro luns 10 de decembro ás 18h na Praza de España diante do centro de saúde Fontenla Maristany á concentración polo Dereito a Sanidade Pública Universal.

Co gallo do día Internacional dos Dereitos Humanos, queremos este ano centrarnos no dereito á sanidade pública universal, sen distinción de sexo, orixe, etnia, orientación sexual e condición legal e social. Todo un Dereito Fundamental e Universal en grave perigo, debido aos recortes, iniciados polo actual goberno do Partido Popular.


Convocan a Marcha Mundial das Mulleres, o Foro galego da inmigración e Asociación Lazos pro solidariedade, co apoio da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública e asociacións e colectivos adheridos.

 Marcha Mundial das Mulleres: