Comunícase e infórmase dos diferentes actos do Encontro Social Ferrolterra mañá martes 18 de Decembro, en Ferrol no Día das Inmigracións:
O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións de migrantes, entidades , colectivos e persoas de toda Galicia en relación coa celebración do Día Mundial das Migracións, o día 18 de decembro, ten programado facer visíbel este día con diferentes Accións. Probabelmente que se acorde unha Acción en Ferrol, con concentración e reparto do Manifesto.
“NON PERMITAMOS A REPRESIÓN DO COLECTIVO DE PERSOAS MIGRANTES NIN A PERDA DE DEREITOS BÁSICOS QUE ESTÁN A SUFRIR.
+ Info en:
Martes 18 de Decembro, ás 7 da Tarde, en Ferrol, no local da Asociación Veciñal de Esteiro.
Convocatoria da XVII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra - 18 de Decembro de 2012
Proposta de obxectivos e orde do día para a XVII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.
Obxectivo da reunión:
- Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos (Grupo Finanzas Éticas ..., Comisión Roupeiro ...,, e outros se a houber.
- Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, Xustiza Social, ..).
- Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, ...)
- Avaliar os avances do Encontro neste primeiro ano de funcionamento.
- Tratar outros asuntos de interese.
+ Info en:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/2012/12/convocatoria-da-xvii-asemblea-plenaria.html