Asociación Cultural Fuco Buxán

Xornada Europea de Loita Xeral en RádioFilispiM




 
Este 14-N o Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, se suma dende as ondas e a rúa a XORNADA EUROPEA DE LUITA XERAL. Dende as 9:00 da manhá, o dial de Rádio FilispiM, 93.9 FM, redifundirá o PROGRAMA ESPECIAL que se realizará desde a radio comunitária de A Corunha, CUAC FM. Xa na tarde, a partir das 18:00 h., Rádio FilispiM, 93.9 FM realizará un PROGRAMA ESPECIAL dende o seu estudio en Caranza, continuando a cubrir a XORNADA DE LUITA e AVALIANDO O ACONTECIDO ATÉ ESE MOMENTO, en Ferrol-Terra. Desta maneria Rádio FilispiM, dará cobertura informativa da XORNADA DE LUITA do 14-N, dende primeira hora da manhá e até entrada a noita, coa colaboración de Cuac FM. Rádio FilispiM, na rúa. Moitos dos integrantes do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM estarán nas rúas da nosa comarca, participando nos piquetes, dando cobertura informativa, con toma de sonido e recompilando datos que servirán de apoio ao programa especial da tarde, en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Participa no programa especial da tarde. Agardamos as túas chamadas, a partir das 18:00 h, para darnos a túa opinión do acontecido ou fazer de correspondente.

Chámaos teléfono de directo: 981.37.10.40-- OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM] A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol. Web: http://www.opaii.blogspot.com Ao Vivo: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg E-mail: filispina@gmail.com Direcçom Postal: Avda. Castelao S/N [baixos do mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]



A+ | a-

Séguenos no Twitter