Saltar ao contido principal

“O antes e o agora da violencia de xénero." Podemos cambiarlles o futuro a estas mulleres?




Á Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES prácese convidar a toda a cidadanía da comarca á charla:

“O antes e o agora da violencia de xénero. Podemos cambiarlles o futuro a estas mulleres?
Que dará a periodista e escritora NURIA VARELA o próximo xoves día 8 de Novembro ás 19h. no Café-teatro do Pazo da Cultura de Narón.

    Esta charla enmárcase nos actos que a MMM temos preparados arredor do 25 de Novembro: Día Internacional contra a violencia machista.

    Actos que se desenvolven dentro da campaña que a Coordinadora Europea da MMM puxo en marcha en toda Europa co lema: "A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos. Marchamos por unha vida digna e sostíbel", que deu comezo o 4 de outubro e alongarase ata o 8 de marzo.

    A autora faranos un balance dos últimos anos de loita contra a violencia machista e como está a afectar esta crise e os recortes a esta loita, recortes que significan tamén, como en moitas ocasións denunciou a MMM agresión e violencia contra as mulleres.

NURIA VARELA, muller asturiana, periodista, escritora, feminista, comprometida...gran defensora dos valores da xustiza e a igualdade.Ten publicados gran cantidade de reportaxes sobre as mulleres e coopera con grupos e plataformas de mulleres contra a violencia de xénero.

    Autora de libros como "FEMINISMO PARA PRINCIPIANTES" e" IBAMOS A SER REINAS: MENTIRAS Y COMPLICIDADES QUE SUSTENTAN LA VIOLENCIA CONTRA LAS MUJERES" este libro trátase dunha investigación seria, rigurosa e documentada sobre a violencia de xénero que non so denuncia o que existe senon que indaga nas súas causas.

¡¡LEMBRADE RESERVAR A TARDE DO DIA 8 PARA ESTA IMPORTANTE CITA!!

Marcha Mundial Das Mulleres de Galiza