Saltar ao contido principal

Asemblea informativa aberta


A A.C. Fuco Buxán organiza na vindeira semana, o mércores 7 de novembro, no seu Local Social, Rúa Armada Española, 32 Caranza,  ás 20 hs. Unha asemblea informativa aberta para analizar os seguintes temas:

Análise das Eleccións

Folga Xeral do 14 de Novembro

Dado o carácter aberto da Asemblea e a importancia dos temas a tratar, agradécese, aos socios e socias, que fagan extensiva a invitación ás persoas que poidan estar interesadas.

A A. C. Fuco Buxán anímavos e convídavos a asistir e a participar.

Pola Rexeneración da Esquerda!