Saltar ao contido principal

Presentada proposición de lei sobre a reforma das pensións

Hoxe é un día importante no Congreso: rexístrase a Proposición de Lei sobre a reforma das pensións, froito de meses de traballo e xornadas de debate entre expertas e expertos de todo o Estado.

Ás 11.30h, a deputada Yolanda Díaz participou no rexistro xunto a Pablo Iglesias, Nacho Álvarez e Juan López Gandía.

Esta Proposición de Lei é unha firme aposta polo sistema público da Seguridade Social a través dun aumento dos ingresos. Os puntos principais son:

  • Fixar a idade ordinaria de xubilación nos 65 anos.
  • Cálculo da base reguladora: a persoa pensionista podréra elixir a base reguladora de entre os 240 mellores meses ao longo da súa vida.
  • Subida da cuantía das pensións mínimas.
  • Supresión do factor de sostenibilidade e revalorización anual das pensións en función do IPC previsto.
  • Melloras na financiación do sistema de Seguridade Social.
  • Réxime especial do mar: establecer coeficientes en función do traballo realizado, a súa penosidade e a duración do tempo pasado lonxe da casa, en lugar da tonelaxe do buque e o largo da eslora.