Non sei cal era o seu nome…non recordo, ao mellor non era él e era ela. Adoitaba pasear tódalas tardes, sempre o mesmo camiño, sempre as mesmas paradas, como no banco onde esperaban vendo pasar a vida algúns máis. Non eran amigos da vida, eran amigos de “ver pasar a vida”. Alí sentados observaban e falaban, cada día, sen unha cita previa. Era maior, e vivía só ou soa, nun edificio deses que pouco a pouco foron quedando sen veciños, sen veciñas, ou ao mellor era deses outros onde as presas non permiten coñecer quen vive tras a porta de enfrente. Todo o que queda del ou dela é unha noticia de prensa ou de internet na que se fala de que levaba varios días morto cando o atoparon, na súa casa, alarmados polo cheiro ou simplemente porque o correo amontoábase, ou por algún dos do paseo que lle extrañou a súa falta. Durante uns días a noticia correra polas redes e os veciños e veciñas se doeran de non terse decatado antes do seu estado. Se tiña familia, aínda que fose lonxe, choraron...
 FERROL con PALESTINA ..DÍA da NAKBA , en el Cantón de Molins O día da Nakba, a pesar dos feitos históricos aos que remite, é un testemuño ao espírito resistente do pobo palestino. Coas súas reivindicacións no centro, estes días, a maior intervención marítima civil da historia, a Global Sumud Flotilla, navega polo Mediterráneo co obxectivo de romper o asedio xenocida en Gaza. Os ataques sufridos en augas internacionais e o silencio das institucións internacionais son unha mostra concentrada do sufrido polas palestinas durante 78 anos. A acción tenta precisamente rematar coa súa invisibilidade e abrir un corredor humanitario popular que permita mudar a difícil situación das gazatíes. Desde Ferrol Compartimos o chamamento da Global Sumud Flotilla Galiza, facemos un chamamento ás persoas solidarias para estar pendente do que lle acontece á Flotilla, e sobre todo no que está o ocorrer en Gaza e no conxunto da Palestina ocupada. Desde Ferrol co...