| 12:37 (hace 3 horas) | |||
| ||||
Informacion SOS Sanidade Pública
Manuel Martin. Voceiro
¿Un novo Altri en Galicia? A desprotección dos nosos datos e dos nosos recursos naturais: de Altri a Nvidia. A Xunta outorgoulle ao centro de IA a cualificación de proxecto estratéxico para axilizar a súa tramitación urbanística, e denomínao Green sen mediar avaliación ambiental previa. A Xunta outorgoulle ao centro de IA a cualificación de proxecto estratéxico para axilizar a súa tramitación urbanística, e denomínao Green (verde) sen mediar avaliación ambiental previa, a pesar de que os centros de IA construídos ata o de agora consumen millóns de litros de auga limpa para disipar a calor extrema xerada polos seus procesadores masivos, e devoran cantidades inxentes de enerxía. A Xunta e as empresas aseguran que o centro será Green, polo clima fresco e húmido de Curtis, polos novos métodos de refrixeración que supoñen menor consumo de auga e pola utilización de enerxías renovables, pero evitan a avaliación ambiental, porque os propietarios son moi poderosos e porque hai demasiado que ocultar.
A Xunta reduce en case dous millóns o plan de sanidade para o verán. Pasa de 12,1 millóns do 2025 a 10,5 millóns deste ano. A Xunta de Galicia decidiu reducir o investimento destinado ao Plan de cobertura da atención primaria no verán este 2026 en plena ofensiva de críticas dos grupos da oposición, sindicatos e asociacións pola privatización da sanidade pública e novo plan de baixas anunciado polo Goberno galego. Serán case dous millóns menos que o pasado ano.
