Saltar ao contido principal

feira do libro de REDONDELA ...Viernes 12 de xuño ás 11 hs

 

Este venres día 12 o ROTSPANIER achégase á vila de Redondela. Pola mañá estaremos asinando exemplares desde as 11 h na Feira do Libro, na caseta da Libraría Porto; pola tarde presentaremos o libro na Casa da Cultura nun acto organizado polo Colectivo Republicano de Redondela ás 19.30 h.
Se tedes a ocasión e vos prace, vémonos en Redondela.
Onte, no Castelo de Moeche, fixemos a presentación de ROTSPANIER coa participación da súa alcaldesa, Bea Bascoy Maceiras.
Agradezo ao Concello de Moeche pola organización do acto e a fantástica acollida, a presencia do público que se achegou para escoitarnos e a Ana Breixo, da Libraría Brétema de San Sadurniño, por traer exemplares á venda.