Saltar ao contido principal

Asoc. Memoria Histórica Democrática

 


Desde a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática sentimos profundamente o pasamento hoxe

 do querido compañeiro José Torregrosa Rodriguez.

Periodista, mestre e activista cultural e social que dedicou a súa vida, desde o ensino, a militancia social

 e a cultura a loitar por un mundo mellor para todas e todos.

Torregrosa, membro do Teatro Estudio, do Cine Club de Exalumnos do Concepción Arenal e directivo

 do Centro Social de Santa Mariña, durante a Dictadura. a causa da súa activa militancia no Partido

 Comunista, foi detido a raíz dos sucesos do Dez de Marzo de 1972, torturado en Comisaría, pasou case

 un ano no Cárcere de A Coruña e perdeu o seu emprego en La Voz de Galicia.

En democracia foi mestre do Colexio Ludy, colaborador de Diario de Ferrol, cronista de cine e directivo

 do Ateneo Ferrolán e da A.C. Fuco Buxán e director da Revista “Razón Socialista”.

Deixa un importante legado de escritos literarios, poesía e teatro e unha novela publicada: “Abordajes”
.
Sumóuse sempre, en corpo e alma, a todas as actividades da Nosa Asociación como firme defensor do

 valor da Memoria Democrática.
Terémolo sempre presente e enviamos a súa compañeira Mirella, fillas ürsula e Graciela, netas e neto

 unha forte aperta solidaria.

A familia Torregrosa estarán no Tanatorio San Lorenzo, sala Ciprés, mañán desde as 10 h.