DEZ MEDIDAS PARA MELLORAR AS LISTAS DE ESPERA
1.-TRASPARENCIA E COÑECEMENTO DA REALIDADE DAS LISTAS DE ESPERA. Acabar cos maquillaxes e ocultamentos dos pacientes que agardan.
3.- PRIORIDADE ABSOLUTA PARA OS PROBLEMAS QUE TEÑEN RISCO DE MORTE OU INVALIDED. Coñecemento publico dos criterios empregados para clasificar a cada paciente nas listas.
4.-UTILIZACION INTENSIVA DOS RECURSOS DO SISTEMA SANITARIO PUBLICO para que as consultas, quirófanos e os recursos diagnósticos funcionen en quenda de mañá e tarde en lugar de remitilos a Centros Privados Concertados
5.- INCREMENTAR O ORZAMENTO E O PERSOAL DE TODALAS CATEGORIAS LABORAIS EN ATENCION PRIMARIA E HOSPITALARIA.
6.- EXIXIR A DEDICACION EXCLUSIVA A TODOLOS PROFESIONAIS SANITARIOS, para garantir o bo aproveitamento dos recursos e acabar coas corruptelas nas derivacions
7.-POTENCIAR A ATENCION PRIMARIA DE SAÚDE aprobando un novo modelo de Atención Multidisciplinar e Comunitaria con recursos suficientes para acabar coas barreiras de acceso aos Centros de Saude e mellorar a súa capacidade de resolución da demanda asistencial.
8.- MELLORAR A COORDINACION ENTRE ATENCION PRIMARIA E ESPECIALIZADA mediante Plans de Coordinación das Areas de Saúde, que garantan quen e onde debe tratarse e seguir a cada paciente
9.- DESENVOLVER UNHA REDE DE CAMAS DE MEDIA E LONGA ESTANCIA. para lograr a desconxestion e un rendemento adecuado dos hospitais de agudos creando camas de media e longa estancia e centros xeriátricos
10.-DESENVOLVER E COORDINAR A ATENCION SOCIOSANITARIA para evitar estancias innecesarias nos centros hospitalarios de agudos