FERROL con PALESTINA ..DÍA da NAKBA , en el Cantón de Molins
O día da Nakba, a pesar dos feitos históricos aos que remite, é un testemuño ao espírito resistente do pobo palestino. Coas súas reivindicacións no centro, estes días, a maior intervención marítima civil da historia, a Global Sumud Flotilla, navega polo Mediterráneo co obxectivo de romper o asedio xenocida en Gaza. Os ataques sufridos en augas internacionais e o silencio das institucións internacionais son unha mostra concentrada do sufrido polas palestinas durante 78 anos. A acción tenta precisamente rematar coa súa invisibilidade e abrir un corredor humanitario popular que permita mudar a difícil situación das gazatíes. Desde Ferrol Compartimos o chamamento da Global Sumud Flotilla Galiza, facemos un chamamento ás persoas solidarias para estar pendente do que lle acontece á Flotilla, e sobre todo no que está o ocorrer en Gaza e no conxunto da Palestina ocupada.
Desde Ferrol con Palestina chamamos a participar na concentración convocada para o vindeiro sábado 9 de Maio, ás 7 da tarde no Cantón de Ferrol (diante do palco da Música).