| mar, 5 may, 21:59 (hace 3 días) | |||
| ||||
Estimadas compañeiras, estimados compañeiros:
Dende Global Sumud Galiza estamos a facer un chamamento, non unha convocatoria, á unidade da solidariedade con Palestina cara o día da Nakba 2026. Chamamos a que se convoquen accións e mobilizacións en localidades de toda a Galiza conmemorando a Nakba, onde conflúan en unidade todas as organizacións, colectivos e persoas que rexeitamos o xenocidio que segue sufrindo Palestina.
Por diversas circunstancias e calendario, nalgunhas localidades prefiren mobilizarse o fin de semana anterior, entre o 9 e 10 de maio, outras o propio día da Nakba, o 15 de maio, e hai localidades que elixen outra data da semana. En definitiva, certamente cada localidade adapta e decide a data e hora, así como o contido da mobilización.
Facemos este chamado con respecto por todas as organizacións e colectivos que loitades pola liberdade do pobo palestino desde hai décadas, agora urxindo a intensificación da resposta social, ante o silencio e a inacción de gobernos e institucións internacionais. O pobo palestino segue sufrindo unha terrible e cruenta situación.
A nosa achega, ademais do apoio e difusión das convocatorias, é un sinxelo modelo de cartaz, en pdf e editable a
través de canva, por se non tedes un propio da localidade. Tamén comprometémonos a confeccionar un cartaz
xeral recompilando todas as mobilizacións e accións que nos comuniquedes, sen ningún logo nen convocante.
Sería imposible para nós incluír no cartaz todos os logos e lista de convocantes. Cremos que este cartaz conxunto
con todas as convocatorias galegas é positivo para a chamada e participación en cada localidade.
Se o vedes axeitado, podedes incluír, sen que desvíe o foco da situación na Palestina, algunha referencia á flotilla e
ao intento de rachar o bloqueo a Gaza, no voso manifesto ou intervencións.
Pola nosa parte e coa intención de facilitar o traballo de organización, achegamos o seguinte texto que podedes
actualizar e modificar:
O día da Nakba, a pesar dos feitos históricos aos que remite, é un testemuño ao espírito resistente do pobo
palestino. Coas súas reivindicacións no centro, estes días, a maior intervención marítima civil da historia, a Global
Sumud Flotilla, navega polo Mediterráneo co obxectivo de romper o asedio xenocida en Gaza. Os ataques sufridos
en augas internacionais e o silencio das institucións internacionais son unha mostra concentrada do sufrido polas
palestinas durante 78 anos. A acción tenta precisamente rematar coa súa invisibilidade e abrir un corredor
humanitario popular que permita mudar a difícil situación das gazatíes. Compartimos o chamamento da Global
Sumud Flotilla Galiza ás persoas solidarias e as colectivas irmás para manter os ollos na Flotilla, e sobre todo no
que está o ocorrer en Gaza.
Pola liberdade dos povos, por unha Palestina libre do río ao mar!
Global Sumud Galiza.
