Saltar ao contido principal

Novidades do 1 ao 9 de abril

 

   CINES DUPLEX 

Boletín de novidades #328 | Do 1 ao 9 de abril

De Roma a Vallbona

Comezamos abril con Paolo Sorrentino e a súa última longametraxe, La Grazia, que algúns críticos están a cualificar como a mellor da súa carreira. O laureado director (La gran belleza, Parthenope...) volve a colaborar con Toni Servillo, que gañou a Copa Volpi a mellor Actor por este traballo.

Tamén se estrea este mércores o novo filme de Maryam Touzani, unha directora habitual nas nosas pantallas grazas a títulos sempre interesantes como 'El caftán azul' ou 'Adam'.
Este último traballo, Calle Málaga, está ademais ambientado en Tánxer e protagonizado pola xenial Carmen Maura. 

Esta semana temos un pase Off DUPLEX moi especial: Historias del buen valle, de José Luis Guerín. O director de 'En construcción' e 'Tren de sombras' descóbrenos un mundo escondido no barrio de Vallbona. Será pase único o martes 7 ás 19:45.

domingo 5 ás 12:00h continúa o ciclo Petís DUPLEX con El secreto del herrerillo, un fermoso filme de animación francesa construído a base de recortes de papel. Unha pequena xoia para todos os públicos e especialmente recomendado a partir de cinco anos. Entrada gratuíta até completar aforo. Colabora o Concello de Ferrol.

Novos pases de 'Amarga navidad' e 'Altas capacidades'.

Calle Málaga
Maryam Touzani

María Ángeles é unha española de 79 anos que vive soa en Tánxer, onde goza o seu día a día na cidade. Todo muda cando a súa filla Clara chega desde Madrid para vender o apartamento no que viviron. Decidida a ficar na cidade que a viu medrar, fará todo o posible para manter o seu fogar e os obxectos da súa vida.

🏆 Venecia 2025 (Premio do Público)
🏆 Mar del Plata 2025 (Mellor filme, Mellor actriz, Premio do público)


Unha luminosa Carmen Maura achega calidez, magnetismo e unha forza indomable a este conmovedor drama doméstico marroquí. David Rooney The Hollywood Reporter

La Grazia
Paolo Sorrentino

Mariano De Santis, o presidente saínte de Italia, enfróntase a encrucilladas morais e persoais coa axuda do seu confidente e a súa filla, Dorotea (Anna Ferzetti). Coa inconfundible visión poética de Sorrentino e unha banda sonora evocadora, esta obra profunda e conmovedora é unha meditación íntima sobre a paternidade, a conciencia e a pregunta eterna: quen é dono dos nosos días?

🏆 Málaga (Nominada a Mellor Filme)
Sorrentino recupera con 'A Grazia' a graza de ser Sorrentino. Unha esaxerada, bela e decadente reflexión sobre a morte, o amor, a espera e, está claro, a vida. Luis Martínez El Mundo

El secreto del herrerillo
 Antoine Lanciaux l PETÍS DUPLEX

Cando Lucie, de 9 anos, chega a Bectoile para pasar as vacacións non pode imaxinar as aventureras que a agardan. A súa nai, Carlo, dirixe unha excavación arqueolóxica co seu compañeira Pierrot. Pierrot medrou na mesma vila, que tamén é o escenario dun segredo familiar que Lucia está a piques de descubrir. Guiada por un par de ferreiriños e coa axuda do seu novo amigo Jan, Lucie está decidida a se adentrar na historia da súa familia. Desde os sotos dun castelo en ruinas até unha vella caravana esquecida nos lindes do bosque esta aventura vaille traer sorpresas inesperadas e descubrimentos fabulosos.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol


🎟️ Pase gratuíto domingo 5 ás 12:00. Coa colaboración do Concello de Ferrol

Historias del buen valle
José Luis Guerin l | OFF DUPLEX

Na paisaxe indefinida dun barrio periférico, entre o mundo rural e o urbano, coexisten as casas erguidas polos primeiros migrantes que chegaron de toda España tras a posguerra... e os novos bloques e vivendas da cidade dormitorio onde se concentra a nova migración. Historias del buen valle é unha suma de imaxinarios, de conflitos sociais, xeracionais e identitarios, urbanísticos e ecolóxicos, pero é tamén unha mirada repousada e humanista sobre o mundo actual.

"Unha lección de cinema de imaxes puras, cristalinas, poéticas. Non se pode, en dúas horas, facer un retrato mellor, máis xusto e penetrante, de Vallbona e os seus humildes moradores" Jordi Batlle La Vanguardia 
Donostia 2025 (Premio especial do xurado e Cooperación española)


🎟️ Pase único o martes 7 ás 19:45