Saltar ao contido principal

MARTES 7 DE ABRIL ,ÁS 6 DA TARDE , NO ATENEO FERROLAN

 



 





A Global Sumud Galiza organiza unha xira de presentación do libro “Diario a bordo do Sirius” con catro charlas na Galiza. Na nosa comarca, da man de Ferrol con Palestina , terá lugar o vindeiro martes 7 de abril, ás 6 da tarde no Ateneo Ferrolán .


A asociación Global Sumud Galiza pon en marcha unha xira de presentación do libro ”Diario a bordo del Sirius”, escrito por Manuel García Morales (Manolo Teniente), sindicalista, internacionalista e activista polos dereitos humanos. O libro recolle o testemuño en primeira persoa da súa participación na Flotilla Sumud Global no verán do pasado ano 2025, unha misión solidaria para romper o bloqueo sobre Gaza, abrir un corredor humanitario e denunciar a ocupación e o Xenocidio na Palestina.


🍉🇵🇸🍉🇵🇸🍉🇵🇸