Información SOS Sanidade Pública
Manuel Martin. Voceiro
O SERGAS pechara 7 centros de saúde os sábados pola maña en A Lama-Ponte Caldelas, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio y Vilaboa, que pasarían a ter como punto de atención de referencia o PAC de A Parda na capital alonxando o servizo a cidadanía. As plataformas piden a paralización do proceso ata contar cun análise completo das necesidades asistenciais e os recursos disponibles e a elaboración de un plan integral
https://www.farodevigo.es/
A plataforma SOS Sanidade Pública Sanxenxo fixo unha concentración este domingo, 12 de abril, ás doce da mañá, fronte ao centro de saúde de Baltar. Esta iniciativa, faise con motivo do Día Internacional de Atención Primaria para denunciar "a situación crítica que atravesa a Atención Primaria na Galiza" e reclamar medidas urxentes para garantir "un servizo público de calidade".
https://www.nosdiario.gal/
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín convoca unha concentración este luns 13 as 20:30 horas diante de Centro de Saude de Marin coincidiendo con el Día Internacional de la Atención Primaria.
A Asamblea pola Defensa da Sanidade Pública de Redondela convoca aos profesionais sanitarios e a veciñanza de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes a participar nunha concentración de protesta o martes, día 14, a las 20.00 horas, diante do Centro de Saúde de Redondela. A plataforma denuncia a «falta de persoal crónica» que chegou a un punto límite o pasado 31 de marzo, cando de doce médicos de familia, soamente estaban operativos cinco. A isto sumase a falta de cobertura das baixas e vacantes.