Mais dunha vintena de localidades mobilizaranse en defensa da Atención Primaria o 13 de abril. A plataforma 'PACs contra ou decretazo' confirmou esta sexta feira a súa participación nas concentracións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública.
Catoira centraliza protesta de SOS Sanidade na Comarca do Salnes o vindeiro luns doa 13. A plataforma denuncia esperas de 30 días para facer una analítica no Centros de Saúde San Roque de Vilagarcia, cousa que recoñece ata a dirección sanitaria o SERGAS. “A atención primaria agora mesmo non é a porta de entrada ao sistema de saúde, porque a maltratan, polo que convoca unha concentración o luns 13 as 11,30 no Centro de Saúde de Catoira. O Día Mundial da Saúde que, este año, cae en domingo polo que a concentración trasladase o luns.
Entregan máis de 3.000 firmas para reclamar ao SERGAS que o PAC de A Pobra funcione tamén polas tardes nas xornadas laborais.
O Sergas regula as queixas da cidadanía con dúas décadas de atraso e tras pedirllo o Defensor del Pueblo: A Lei de Saúde de Galicia, aprobada en 2008, estableceu no seu artigo 11 o dereito da cidadanía a formular "suxestións e reclamacións" ao Sergas con "procedementos áxiles e efectivos" e con resposta "nos prazos establecidos regulamentariamente" e agora, case dúas décadas despois, a Xunta comeza a regular o procedemento específico de queixas e suxestións ante o Sergas.
Rueda anuncia unha ofensiva en Galicia para dificultar o dereito a Baixa laboral por saúde mental e lesións lesiones musculares: O presidente da Xunta aproveita o debate sobre o Estado da Autonomía para cuestionar o número e duración das incapacidades temporais e anunciar un reforzo do papel da mutuas privadas. En lugar de investigar os motivos polos que crecen as baixas a Xunta pretende acabar con este dereito para o que vai a utilizar as Mutuas Laborais (asociaciones privadas de empresarios) que están o servizo da patronal e coio obxectivo fundamental e acelerar as altas dos traballadores/as enfermos/as
Estudiar Medicina na universidade pública e difícil polo que hai familias endebedadas para pagar la privada. O aumento da demanda provoca que acceder a un grado de Medicina en un campus público sexa una quimera para moitos aspirantes. Unha de cada tres facultades de Medicina e privada polo que temos o maior número destes centros por habitante do mundo. Dos 54 facultades, 36 son públicas e 18 privados (en Galicia os fondos de inversión internacionais pretenden crear unha facultade e medicina privada en A Coruña). Sen embargo a Organización Mundial de la Salud (OMS) recomenda unha menor proporción de facultades de Medicina por habitante das que xa ten o Estado Español. As multinacionais e fondos de inversión están detrás da creación das facultades privadas, que lles permitan, ademais de facer negocio transmitir a ideoloxía neoliberal- privatizadora permitir aos varóns das familias ricas poder estudiar medicina, aínda que non consigan as notas de corte exixidas para ilo (as mulleres acaparan mais do 70% das prazas nas universidades públicas)