Saltar ao contido principal

NOTA DE PRENSA DAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS FUCO BUXÁN E MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA

 



               NOTA DE PRENSA DAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS

FUCO BUXÁN E MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA


O Consello de Ministros aprobará o vindeiro martes un recoñecemento institucional

para as vítimas dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, nos que a causa da

actuación da Policía Armada naqueles feitos, foron asasinados Amador e Daniel e

resultaron feridos un número indeterminado, próximo ao centenar, de traballadores

da Empresa Nacional BAZÁN, que se manifestaban pola negociación dun convenio

de factoría e en demanda das liberdades sindicais e políticas.

Esta declaración do Goberno - ao cumprirse o 54o aniversario do que deu lugar á

conmemoración do Dez de Marzo como día da Clase Obreira Galega - subliña a

importancia do movemento obreiro organizado que, a pesar da ausencia de

liberdades, impulsou espazos de participación colectiva que contribuíron ao avance

democrático e o recoñecemento de dereitos sociais e laborais, á vez que no propio

berce do Ditador mostabase ao mundo un pobo con conciencia de clase loitando

democraticamente contra a tiranía.

Desde ambas Asociacións firmantes desta nota, valoramos positivamente o

compromiso do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, e do

Goberno, cos valores da memoria democrática, a verdade, a xustiza e a reparación

e coa Cidade de Ferrol, xa que esta declaración supón un paso máis na consolidación

de “FERROL CIDADE DA MEMORIA” na que o Monumento ás Vítimas do Dez de

Marzo, para o que hai tempo vimos reclamando a localización que lle corresponde,

será tamén motivo e elemento fundamental desta denominación.

Ferrol, 7 de marzo de 2026.