manuel martin
+
Informacións Plataforma SOS Sanidade Pública
Manuel Martin
Voceiro
Seguen as concentracións de protesta social e profesional contra a política sanitaria da Xunta de Galicia. A poboación galega non acepta os recortes na Sanidade Pública perpetrados por Nuñez Feijoo e agora por Rueda
Nova Concentración (van 226) esixindo un PAC de urxencias para o novo Centro de Saúde de Moaña. Decenas de veciños que manteñen o pulso coa Consellería de Sanidade con concentracións dominicais para esixir o regreso do servizo de urxencias a Moaña que segue centralizado en Cangas desde finais de marzo de 2020 (cando foi trasladado na pandemia de Covid-19). A alcaldesa, Leticia Santos (BNG), volveu encabezar a convocatoria, que onte recuperou o formato de concentración diante a Casa do Mar, una semana despois da manifestación de 3.000 persoas polo centro urbano.
image.png
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2026/03/09/sanidad-moana-urgencias-127715729.html
Nova concentración en A Cañiña convocada pola Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado: O pasado luns pacientes, veciñanza e persoas da Plataforma na Caniza quixemos agradecer ao Dr. Ángel a súa implicación na recuperación dxs médicxs e pediatra. Sabemos que xestionou esta difícil situación como Responsable do Centro de Saúde da Caniza con contundencia contra a burocracia e dificultades varias, ao tempo que trataba él só aos pacientes das 3 axendas, e incluso de Valeixe, nos momentos que non había facultativo neste consultorio. Hai que recoñecer os esforzos, os grans de area, o que podemos aportar cada quen para que os servizos públicos sexan como nos corresponden e como nos merecemos. Grazas Dr. Ángel e grazas a todxs xs que fixestes isto posible
https://www.facebook.com/plataformasanidadeponteareas/?locale=es_ES
Concentracións mensuais no Centro de Saude de Rianxo convocadas pola Asociación Plataformas en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza
image.png
https://www.instagram.com/defensaplataforma/reel/DVYytWLDJwq/
Plataforma pola Defensa do Centro Medico de Catoira convoca concentracións os mércores na Alameda de Catoira para recuperar o Servizo de Pediatría tódolos días.
image.png
O sindicato corporativo O'Mega mantén o paro indefinido que provocou a suspensión de máis de 26.000 consultas na atención primaria a pasada semana e agora anuncia a negativa de numerosos médicos a facer peonadas nos hospitais en resposta á "negativa da Xunta a negociar o fin da folga".
image.png
https://praza.gal/acontece/a-folga-enredaselle-ao-sergas-persoal-medico-negase-a-facer-peonadas
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."