A Universidade da Coruña acolle no Campus Industrial Ferrol a exposición itinerante “HeART of Gaza”, unha iniciativa que visibiliza a realidade da infancia en Gaza a través de preto de 50 debuxos.
A mostra, impulsada pola Oficina de Cooperación e Voluntariado xunto con entidades sociais, constitúe un espazo de reflexión sobre a crise humanitaria que vive o Estado de Palestina desde outubro de 2023.
Poderá visitarse ata o 17 de abril na Sala de Exposicións do Centro Cultural Universitario do Campus.