Saltar ao contido principal

Declaración Institucional Goberno sobre o Dez de Marzo 972 en Ferrol

As Asociacións Culturáis Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática celebran a decisión que o Consello de Ministros ven de tomar esta mañán, aprobando unha Declaración institucional de recoñecemento ás vítimas dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, condena a actuación desproporcionada da Policía Armada naqueles sucesos e reafirmase no compromiso coa memoria democrática, a verdade, a xustiza e a reparación.
Cinco décadas despois daqueles feitos, 0 Goberno considera que a memoria das vítimas forma parte inseparable do patrimonio democrático común de Ferrol e do conxunto da sociedade, e constitue un recordatorio permanente do valor da dignidade do traballo, a xustiza social, o diálogo e a paz.
A Declaración formúlase a proposta do Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, e da Vicepresidenta e Ministra de Traballo e Economía Social Yolanda Díaz, sobre a base dun informe redactado polo historiador e profesor José Gómez Alén.
Decisión tamén fortemente vencellada a todo o proceso de conmemoraciones de tan importantes feitos da historia ferrolá e do movemento obreiro que se ven celebrando desde o 50º aniversario, en 2022, proceso ao que o propio profesor Gómez Alén e as Asociacións firmantes deste comunicado  dedicamos moi gustosamente importantes esforzos.
Gardamos unha lembranza especial, neste momento, ao noso querido compañeiro Rafael Pillado e tantas e tantos protagonistas daquelas datas que consolidaron co seu compromiso e sacrificio o “Día da Clase Obreira Galega”.
Un paso máis – como deciamos en cercanas datas – para a consolidación de “Ferrol Cidade da Memoria”./>Hoxe é un día moi importante,a todas e todos parabéns