2.- Son dabondo coñecidos os problemas para contactar cos centros de saúde, as esperas por riba da semana, a substitución das consultas presenciais por telefónicas, as trabas para as interconsultas hospitalarias, a falta dos profesionais necesarios para poder ofertar unha atención de saúde integral baseada na promoción, prevención, rehabilitación ou atención comunitaria para intervir sobre os principais determinantes da saúde.
3.- A espera media para acceder aos Centros de Saúde supera os 10 días; 11.000 mil nenas e nenos galegos carecen de pediatra; o persoal abandona a AP pola precariedade laboral mentres contratase profesionais sen formación especializada en AP, poñendo en risco o modelo e a atención.
4.- Como consecuencia dispáranse os casos graves, colapsan as urxencias hospitalarias, empeora o prognóstico das doenzas, multiplícase o sufrimento das persoas enfermas e moita xente recorre a Seguros Privados que son unha estafa.
Enviamos un cartaz de formato jpg e PDF con espazo para que cada Plataforma poida poñer o dia, hora e o Centro de Saúde onde facer a concentración, e unha folla informativa para imprimir e repartir dende agora coas nosas reivindicacións en cada localidade.
Como sempre cada Plataforma poderá cambiar eu engadir o que estime adecuado a folla informativa e ao cartaz para recoller a situación e os problemas especificos de cada localidade.
Próximamente enviaremos a data dunha nova xuntaza de SOS
Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, facemos un chamamento a mobilización social e profesional para defender e fortalecer a Atención Primaria Galega, sin renunciar a vía de diálogo para ter a Sanidade Pública do primeiro mundo que merecemos!
Manuel Martin. Voceiro