Dende a Marcha Mundial das Mulleres da Comarca de Ferrolterra queremos manifestar o noso
descontento co horario escollido para a celebración da Gala de Entrega do Galardón 8M A María
Manuela .
Está programado ás seis da tarde do día 8 , cando noutras edicións sempre se facía fora de dita data, como
por exemplo no ano 2025 que se fixo o venres 7 ás sete da tarde.
O acto programado o día 8 impide a participación de moitas compañeiras que gostaríamos de arroupar
coa nosa presenza a María Manuela e como a Manifestación da Marcha está posta para as 19 horas é
imposible que poidamos acudir.
Solicitamos ao Concello de Ferrol que teña en conta non contraprogramar actividades que impidan que
poidamos particpar nelas .