Saltar ao contido principal

ANIFESTO NO DIA MUNDIAL DA ATENCIÓN PRIMARIA

 




MANIFESTO NO DIA MUNDIAL DA ATENCIÓN PRIMARIA

A ATENCIÓN PRIMARIA MELLORA DA SAÚDE DA POBOACIÓN E A RACIONALIDADE DO SISTEMA SANITARIO, PERO CARECE DO APOIO POLÍTICO NECESARIO PARA SOBREVIVIR.

Os sistemas sanitarios orientados á AP logran unha maior esperanza de vida, teñen menores taxas de mortalidade,  mellor control de enfermidades crónicas e melloran o funcionamento global do resto do Sistema Sanitario.

Con todo moitos centros de saúde en Galicia están saturados, carecen do persoal suficiente, pecharon no medio rural ou funcionan a medio gas. A espera media supera os 10 días; 11.000 mil nenos galegos carecen de pediatra; o persoal abandona a AP pola precariedade laboral mentres se contratan profesionais sen formación especializada en AP, poñendo en risco o modelo e a atención.

Un problema importante é que unha parte de quen toma decisións políticas non a utilizan, por pertencer ás obsoletas Mutualidades de Funcionarios/as.

Como consecuencia desta crise dispáranse os casos graves, colápsanse as urxencias hospitalarias, empeórase o prognóstico das doenzas e multiplícase o sufrimento das persoas enfermas.

A Atención Primaria necesita cambios e melloras para saír da crise:

1. Incrementar os recursos de AP ata o 25% do orzamento sanitario  

2.- Garantir a accesibilidade, continuidade asistencial e integralidade con mais profesionais: Medicina de familia, pediatría, enfermería, saúde mental, fisioterapia, traballo social, saúde dental, logopedia, persoal administrativo, etc.

4.-Unha política de persoal xusta e incentivadora 

5. Combater o abuso prexudicial da medicalización 

7. Reorientar a AP cara á saúde en lugar de a enfermidade, desenvolvendo estratexias de saúde comunitaria

10. Asegurar a formación de calidade a todas as categorías do persoal

12.- Dedicar especial atención aos problemas de Saúde Mental e dos maiores

Desde SOS Sanidade Pública facemos un chamamento a mobilización social e profesional para defender e fortalecer a Atención Primaria Galega