Adiada a declaración nos xulgados de Ferrol de Bruno Lopes
O compañeiro de Mar de Lumes tiña que declarar o próximo 10 de marzo no xulgado de instrucción nº 1 de Ferrol acusado de “antisemitismo” por manifestarse contra o xenocidio na Palestina
Ferrol, 6 de marzo de 2026.- O próximo martes, 10 de marzo, ás 12,00h estaba marcada a declaración do noso compañeiro Bruno Lopes Teixeiro nos xulgados de Ferrol tras ser denunciado por delito de odio pola fiscalía da Audiencia Provincial.
Vimos de coñecer que a cita fica adiada ao admitir o xuíz a trámite un escrito da defensa que solicitaba o adiamento da declaración ata que a Audiencia Provincial da Coruña non dea resposta ao recurso de apelación solicitando o feche da causa. Por tanto, a concentración en solidariedade con Bruno Lopes, que estaba convocada coincidindo coa súa presenza nos xulgados, tamén fica adiada.
Lembramos que a acusación vén precedida dun informe da Brigada de Información da Garda Civil da Coruña chea de opinións subxectivas onde se confunde deliberadamente antisemitismo con antisionismo, alén de manifestar unha serie de consideracións do noso compañeiro, que en palabras do xuíz instrutor, como mínimo “son desafortunadas”.
Lembramos que o xuíz instrutor xa ordenara en maio de 2025 o feche da causa ao considerar precisamente que na denuncia se estaba confundindo a crítica ideolóxica ao Estado de Israel co odio á comunidade xudía e á súa relixión.
Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista