Informacion SOS Sanidade 20 2 26 Importante según el criterio de Google Haz clic para indicar a Gmail que esta conversación no es importante
A Xunta de Galicia mantén ocultas as listas de espera de gran parte das persoas enfermas pendentes de ser atendidas por especialistas de hospital, realizar probas diagnosticas o una intervención cirúrxica, e agora anuncia que aínda as listas publicadas non van a mellorar durante este ano. Este acordo supoñe que a Xunta non vai a poñer a pleno rendemento os hospitais públicos, para así poder seguir desviando a miles de pacientes a centros privados concertados e seguir deteriorando a imaxe da Sanidade Pública Galega:
O Sergas prevé manter ou aumentar a espera cirúrxica en 2026 na maioría de áreas sanitarias. Os Acordos de Xestión (ADX) son unha fórmula que o Servizo Galego de Saúde emprega para formular obxectivos anuais de organización interna e de atención á poboación. Entre os indicadores medibles para os que estes acordos de xestión fixan obxectivos anuais están as listas de espera cirúrxica. Neste 2026 na maioría das áreas sanitarias o prognóstico é que os tempos medios de demora para acceder a unha operación apenas se reduzan ou mesmo aumenten, segundo os ADX asinados a principios de febreiro.
Agora coa folga convocada polos sindicatos corporativos para intentar que o Novo Estatuto Marco do Persoal aumentar seu poder, privilexios e blinde a dedicación público privada. Con a folga corporativa estas listas van a crer aínda mais, beneficiando aos hospitais privados concertados e ao persoal medico con dobre dedicación que traballa tamén na privada (onde no fan en folga) que poderá facer mais peonadas na publica (horas extras) moi ben remuneradas.
O Partido Popular pretende incrementar aínda máis a privatización da Atención de Saúde: Esta partido rexistrou na Deputación de Ourense unha moción que insta a impulsar o termalismo terapéutico (en mans de empresas privadas) como un recurso sanitario estratéxico, solicitando os cambios lexislativos necesarios para que as actividades balnearias poidan integrarse na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde.
https://www.laregion.es/
O Grupo Recoletas que pretende desenvolver o seu negocio na Sanidade Galega (empezando por Ourense) investigado en Burgos. A Fiscalía de Burgos remitiu aos Tribunais de Instancia unha denuncia que relata presuntas ilegalidades de persoal medico que traballa no hospital publico e neste centro privado:
· Asistencia ilegal a beneficiarios das mutualidades de funcionarios
· Concertación con este hospital privado de especialidades incompatibles
· Superación dos límites para desempeñar actividade privada
· Redución de xornada no hospital publico para traballar máis horas no privado
· Realización de actividade privada tras estar saliente de garda na pública (risco para a seguridade asistencial dos/as pacientes
· Sospeitas de falsificación documental de historias clínicas e suplantación de identidade (se dispoñe de indicios probatorios)
· Responsables de xestión no hospital privado manteñen simultaneamente actividade e responsabilidades no sistema público
· Posibles incumprimentos da baixa laboral na publica para traballar neste hospital privado