Saltar ao contido principal

Fondo pesar polo pasamento de Xesúa Alonso Montero

 

Dende a A.C. Fuco Buxán queremos expresar o noso fondo pesar polo pasamento de Xesús Alonso Montero. Ademáis do maestro, perdemos a un amigo. Alonso Montero é unha figura imprescindible da cultura galega, intelectual comprometido e defensor incansable da nosa lingua e identidade.
O seu labor como profesor, ensaísta e activista marcou xeracións e contribuíu de maneira decisiva á dignificación e proxección da cultura galega. A súa voz, sempre firme e lúcida, deixa unha pegada imborrable na nosa memoria colectiva.
Neste momento de dor, trasladamos o noso agarimo e solidariedade á súa familia, amizades e a todas as persoas que compartiron con el loita e compromiso.