Saltar ao contido principal

ACTO NACIONALMCONTRA A EMERXENCIA LINGUÍSTICA

 


Queremos Galego presentará en asemblea aberta o Protocolo Lingua Vital o 14 de marzo ás 12h na Praza da Quintana de Santiago

O protocolo lingua vital que se presentará no acto contra a emerxencia lingüística o sábado 14 de marzo ás 12h na Praza da Quintana de Compostela, é o resultado do Proceso social Lingua Vital e pretende avaliar o cumprimento dos acordos unánimes sobre o idioma e identificar os obstáculos que impediron o seu cumprimento, propondo accións concretas que comprometan a colectivos sociais e institucións na súa execución.