Este xoves, 11 de decembro. Ás 11:45 horas. Na coruña, nun acto público, no salón de actos da sede da ,ONCE no Cantón Grande. https://maps.app.goo.gl/dHQsHUBBUXEbt6wh8
![]()
Na Categoría Internacional, e como símbolo de todos os médicos e sanitarios de Gaza, recolle o recoñecemento o Dr. Refaat Alathamna, chegado a España hai uns días xunto á súa familia despois de lograr saír da Franxa de Gaza.
Na Categoría Galicia recolle o recoñecemento o oftalmólogo cisxordano Mohamed Safa, quen afincado desde hai décadas na nosa terra non deixou de defender e visibilizar os dereitos e a loita do seu pobo converténdose nun destacado referente da mesma.
Os Recoñecementos serán entregados polo cineasta Javier Fesser, que mediou para lograr traer a toda a familia de Refaat Alathamna ao noso pais, e por Susana Alaniz da Asociación Fuco Buxan.
Presentará o acto a actriz Cris Iglesias.
Precisamos todas as vosas mans para facer soar o noso aplauso colectivo ás persoas que exemplifican mellor que ninguén o obxectivo polo que os Recoñecementos Acampa — que toman forman nunha peza escultórica obra de Pilar Subías — foron postos en pé.
Actuacion Musical de: ![]()
UNIDADE POR PALESTINA. UNIDADE POLO FUTURO DA HUMANIDADE. Unha aperta. Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio A Coruña, 8 de decembro do 2025 |