| mar, 9 dic, 18:43 (hace 20 horas) | |||
| ||||
Estimados/as amigas/os, como acordamos na ultima xuntanza de SOS Galicia o vindeiro día 16 de decembro as 12 da maña convocamos a tódalas Plataformas de SOS a una concentración con pancartas diante do Parlamento de Galicia para protestar contra uns Orzamentos continuistas que non incrementan o gasto necesario para afrontar a crise do Sistema Sanitario Público sometido importantes recortes desde fai anos.
A Xunta aposta un ano mais por perpetuar a precariedade e o desmantelamento do sistema publico, para favorecer ao privado. O gasto sanitario privado en Galicia representa xa o 28.4% do gasto total, que corre a cargo do pago directo de persoas, fogares e seguros de saúde que xa os ten contratados o 17% da poboación). Seguen crecindo vos cartos para concertos coa privada e mantense o Concerto Singular con POVISA que alcanza case os 100 millóns de euros anuais.
Resumindo:
1. Pese as listas de espera o gasto hospitalario supón o 65% do total sanitario e crece soamente un 3,6 (1,4% descontado inflación) respecto a ano 2025
2.- Incrementa a marxinación da Atención Primaria á que se dedica o 14,3% do total (10 puntos porcentuais por baixo do 25% recomendado) e crece un 1,9% polo que se descontamos a inflación redúcese nun 0,3%.
3.- O gasto en receitas de farmacia crece 4,5% (2,3% real)
4.- O SERGAS destina a promoción e prevención da saúde tan so 0,3% do total e descende un 20%. Esta partida orzamentaria é absolutamente necesaria para facer fronte a novas epidemias
5.- A pesar dos problemas de falta de persoal en AP o SERGAS dedica a Formación o 0,5% do orzamento
6.- A investigación destínase outro raquítico o 0,5%
Miles de millóns | 2024 | 2025 | 2026 | Variación 2025-2026 | V. sen inflación |
Atención Hospitalaria | 3.310 | 3.478 | 3.598 (65%) | + 3,6 % | + 1,4 |
Atención Primaria | 718 | 771 | 786 (14,3%) | + 1,9%) | -0,3% |
Receitas | 866 | 917 | 961 | + 4,5% | + 2,3% |
Protección e promoción saúde | 18 | 19 | 16 | - 18% | -20% |
Formación do persoal | 78 | 83 | 93 | + 11% | + 9% |
Investigación | 22 | 19 | 27 | + 30% | + 28,8% |
Total orzamento sanitario | 5.070 | 5.332 | 5.535 | + 4% | + 1,8% |
Total orzamento Galicia | 13.257 | 13.954 | 14.204 | + 1,7% | -0.5% |
|
![Cartaz-SOS-Orzamentos-2025[1].jpg, Cartaz-SOS-Orzamentos-2025[1].pdf Archivos adjuntos](https://mail.google.com/mail/u/0/images/cleardot.gif)