Chegan as VI Xornadas Antirracistas de SOS Racismo Galicia!
Un espazo para pensar, sentir e construír xuntes novos xeitos de facer fronte ao racismo na nosa contorna.
📅 13 de decembro de 2025
📍 Centro Social A Revolteira – A Coruña
Durante todo o día compartiremos reflexións, emocións, música e experiencias de vida que resisten e transforman.
⸻
🔥 PROGRAMA — MAÑÁ
10:00 – 12:00h
Vidas e resistencias fronte á islamofobia en Galicia e no Estado español
Mesa redonda con: Omneia Sadek (Asociación Sabili), Naser Daoud (Proxecto NOR), Souadou Mohamed Fadel (Comunidade Saharahui en Galiza)
12:00 – 12:30h
🌱 Descanso con petiscos veganos
12:30 – 13:45h
Realidades das mulleres migrantes no traballo dos coidados e do fogar en Galicia
SINTRAHOCU – charla