Saltar ao contido principal

Os primeiros xuizos de anulación de sentenzas a vítimas da Ditadura.

 


Nota de Prensa da A.C. Memoria Histórica Democrática.

Desde a nosa Asociación queremos compartir a satisfacción pola celebración, hoxe, destes dous xuízos, primeiros en Galicia, que anularán as sentenzas dos tribunais franquistas e ditaminarán o recoñecemento a dúas persoas, vítimas da represión da ditadura.

Miguel Mendiguchía Real, Capitán de Infantería de Mariña retirado, condenado a reclusión perpetua, en 1936 e paseado días despóis pola forza pública e José Varela Cachaza, funcionario de telégrafos condenado a 6 anos de presidio e perda do emprego por poseer un discurso 

056.2.Mendiguchía_Real_Miguel_2-.jpg

20251125_124823.jpg
Varela Cachaza José 2.jpg

escrito do socialista Indalecio Prieto.

Agradecemos á Fiscala de Memoria Democrática e Dereitos Humanos non só a elaboración, presentación e defensa das demandas promovidas polos familiares das vítimas, senón a súa sensibilidade no tratamento dos feitos e das emocións ao redor deste acto de restitución e recoñecemento. Agradecemento extensivo á xudicatura e persoal da mesma que exercendo unha xustiza ao servizo da cidadanía colabora a esta Recuperación da Memoria, que sinalará alí onde conste a improcedencia das condenas e o motivo real da súa morte. O recoñecemento da verdade.

Un día, o de hoxe, moi importante para a democracia, para Galicia e para Ferrol que se suma a outros recentes, tamén sobresalientes na historia da nosa cidade e comarcas, como a inauguración do Memorial de Canido ou a declaración de Ferrol Cidade da Memoria Democrática.

Reiteramos a nosa felicitación ás familias Mendiguchía e Varela Cachaza, á Fiscala Dona Encarnación Mayán ao Xulgado nº 6, ao avogado Don Jesús Porta e o seu despacho e o agradecemento aos historiadores,  medios de comunicación e persoas que acompañaron estes actos.  Todas as vítimas na nosa memoria sempre. Parabéns!!


--
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol
en Instagram:  @MHD_Ferrol