| mar, 4 nov, 20:14 (hace 18 horas) | |||
| ||||
Saúdos. Pola presente, apegamos a acta da reunión da Coordinadora Eólica Así Non mantida no día de hoxe, 4 de novembro de 2025, así como o seguinte
RESUMO DE ACORDOS
1. Convocar concentración diante do Parlamento galego o vindeiro 16 de decembro, en sesión de tarde, na que se realizará a performance dos ollos vendados cunha venda negra, e a lectura do poema “A paisaxe é fermosa” de Manuel María.
2. O manifesto dará resposta aos efectos da mudanza da lei de acompañamento de orzamentos na lei da paisaxe e tamén haberá que vinculalo á pretendida lei de administrativa ambiental simplificada.
3. Considerar o acto do vindeiro 16 de decembro como punto de partida da campaña deste ano contra a invasión eólica, á que nos dá pé o recente anuncio da lei de administración ambiental simplificada, con perniciosos efectos sobre na tramitación de proxectos eólicos.
4. Partillar o texto do anteproxecto de lei de administración ambiental simplificada e informar ás plataformas da repercusión que esta pode ter. Podedes acceder ao texto na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/
5. Facer campaña informativa na comunidade educativa. Cotexar coas organizacións estudantís as posibilidades de facer charlas sobre a invasión eólica nas universidade (comezar por disciplinas próximas ao coidado do territorio… bioloxía, politécnica, etc…).
6. Elaboración do cartaz da convocatoria do 16 de decembro, a cargo da CIG.
7. Elaboración de díptico informativo e reparto na manifestación contra Altri, do 14 de decembro.
8. Próxima xuntanza da coordinadora: martes, 18 de novembro, ás 18:30 horas, na seguinte ligazón:
https://us02web.zoom.us/j/
ID de reunión: 882 3683 2876
Código de acceso: 756678
Foi unha alegría volvernos mirar... ;)
Unha aperta.
Belén
COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON
